A XXIII edición do Festival Artistas de Rúa de Redondela volve a normalidade despois de dous anos de Pandemia. Durante o 5 e 6 de agosto o público poderá gozar dun total de 10 espectáculos entre os que se atopan o tributo a Jarabe de Palo, os Forzu2 con Aéreos e o Aquiles, un espectáculo itinerante protagonizado por un xigante articulado de máis de 5 metros de altura.
O venres 5 de agosto Fantoches BAJ inaugura o festival no Pasarrúas da Praza de Ribadavia cun espectáculo para os máis pequenos chamado “Agamelón, Chulises e o Velocíclope”. A continuación Fran Boza deleitaranos cos seus trucos de malabares inspirado no circo clásico e a partir das 20h da tarde haberá tres espectáculos seguidos para todos os públicos que rematarán ás 22h:30h para dar paso ao concertó tributo de Jarabe de Pau, unha banda que homenaxea o mítico grupo de Pau Donés.
Na presentación do evento estaban presentes a alcaldesa Digna Rivas e a Concelleira de Cultura Iria Vilaboa. Nas súas declaracións aseguraron que “os shows van a impresionar o público”. Os espectáculos inclúen acrobacias, lanzamento de coitelos e equilibrios nos que os artistas demostrarán a súa destreza física combinada con humor e teatro.
Dende o Concello son conscientes do enorme itinerario que levan ofrecendo dende o comezo do verán e que durará ata mediados de setembro. O evento está moi unido ao resto de ofertas culturais de Redondela que crece cada ano. Segundo a alcaldesa “a oficina de turismo rexistra un número de visitantes considerable que se achegan a Redondela atraídos pola oferta cultural e que incluso programan as súas vacacións en función das festas do pobo”.
A segunda xornada abrirase ás 19:30h na Praza da Constitución con Troula Animación que traerá un espectáculo para os máis pequenos, “O Show de Fifo”. Mais tarde, ás 21:30 a maxia percorrerá as rúas de Redondela coa compañía La Fam Teatre e o seu Xigante articulado “Aquiles” de case 6 metros de altura. Unha novidade que dende o goberno local aseguran que vai impactar aos máis cativos, pero tamén ao público máis adulto.
O Festival remata na Praza da Torre ás 22:30h cun show familiar onde a compañía Bubble Factory fascinará cos seus números de pompas de xabón , unha proposta persoal de David Vega, un dos mellores artistas desta disciplina do mundo.
Este ano non haberá ningún tipo de restricións, polo cambio nas medidas de seguridade derivadas da pandemia do covid-19. O público pode achegarse con liberdade, sen medo ás aglomeracións xa que non hai límite de aforo nos espazos abertos. A Concelleira de cultura , Iria Vilaboa, destaca que “as prazas máis emblemáticas da nosa vila estarán de novo cheas de espectáculos e artistas grazas a volta a normalidade “
O prognóstico meteorolóxico é favorable e non se espera ningúin cambio para o fin de semana do 5 e 6 de agosto. Parece que o tempo de verán deixará ver en toda a súa grandiosidade os artistas do festival. A alegría e a cor encherán Redondela e dende o concello aseguran que “o evento se celebrará independentemente do bo ou mal tempo”