Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Récord de participación no Mundialito da Xunqueira con 60 equipos de fútbol sala de base

mundialito

A pista da Xunqueira acolle, a partir do 27 de xullo o ‘Mundialito da Xunqueira’ de fútbol sala que chega a súa cuadraxésimo quinta edición. Os máis cativos, nenos e nenas de entre 2 e 14 anos, daranse cita nun campionato que se disputará ata oe 19 de agosto en horario de 19 a 23 horas.

Organizado pola Concellería de Deportes e o Redondela Fútbol Sala e a colaboración do Grupo Casa Paco, o campionato contará coas categorías Infantil (nados en 2008-2009), Alevín (2010-2011), Benxamín (2012-2013), Promesa (2014-2015), Biberón (2016-2017) e Chupete (2018-2020) e os partidos se disputarán nas pistas da Xunqueira de 19:00 h a 23:00 horas

A potenciación deste torneo, considerado como unha das citas ineludibles no fútbol sala de base da provincia, reflicte “a aposta por fomentar as actividades deportivas entre o sector máis novo da poboación de cara a inculcar estilos de vida sans e saudables”.

Un campionato que da así o releve ao Mundialito de maiores que se está a disputar dende inicios de mes e que congrega cada tarde a centos de afeccionados a este deporte ao redor da pista da Xunnqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará