A XLVI edición do Mundialito da Xunqueira rematou esta fin de semana despois de 20 días seguidos de competicións no campo de fútbol da Xunqueira de Redondela. Dos 30 equipos que se presentaron este ano, os gañadores foron o Kiosko Cocó na categoría cadete e A Quinta na categoría sénior.
Luis González, secretario e coordinador do club Redondela FS, foi un dos encargados de organizar a competición. Esta edición foi unha das de maior éxito ata agora, xa que bateron récord de participación con 300 persoas anotadas. “Este foi un evento especial, porque despois de dous anos sen poder celebralo a xente estaba moi animada e con moitas ganas”. Do 4 ao 24 de xullo a Xunqueira de Redondela estaba chea de afeccionados o deporte con ganas de volver a gozar dos partidos sen as restricións da pandemia.
Dos 30 equipos, 20 eran sénior e 10 cadete. Os sénior A Quinta gañaron o trofeo de Ouro e un premio de 300 euros. Os xogadores que forman esta agrupación son amigos e levan xogando o Mundialito moitos anos, polo que xa son todo un clásico cun público que os coñece e os anima durante toda a competición. Os gañadores da categoría cadete foron Kiosko Cocó que demostraron o seu potencial nun partido moi emocionante contra a Carnicería Juan Ramos.
Ademais das condecoracións habituais, tamén se reparte o premio a Deportividade. Algo que Luis considera moi importante xa que o Mundialito da Xunqueira “é un evento para pasálo ben, gozar do deporte e sobre todo compartir a experiencia dende a amizade e o compañeirismo”. Este ano o premio a deportividade foi para Sanma Futsal na categoría cadete e para Aquelarre da categoría sénior.
Marcos Ferreira é un dos xugadores con máis experiencia dentro da competición redondelá. Leva xogando co equipo Rodavigo A 30 anos, motivo polo que a directiva decidiu entregarlle un obsequio simbólico como recoñecemento a súa dedicación e “por ser un exemplo a seguir dentro e fora da pista”.
O tempo acompañou o Mundialito da Xunqueira, o mes de xullo foi un dos máis calorosos dos últimos anos e a xente estaba animada e disposta a gozar dun bo partido ao aire libre. “Só tivemos que aprazar unha das xornadas, polo demais todo saíu perfecto. Foi todo un éxito que esperamos se repita todos os anos”.
A partir do 27 de xullo e ata o 19 de agosto é a quenda das categorías base. Rapaces e rapazas entre 2 e 14 anos competirán no Mundialito da Xunqueira a partir de mañá.
CATEGORÍA CADETE
CAMPEÓN: Kiosco Cocó
SUBCAMPEÓN: Carnicería Juan Ramos.
EQUIPO MENOS GOLEADO: Kiosco Cocó.
MEJOR JUGADOR: Aarón Martínez
DEPORTIVIDAD: Sanma Futsal.
CATEGORÍA SENIOR
CAMPEÓN: A QUINTA
SUBCAMPEÓN: Distrito DF los Cachorros.
EQUIPO MENOS GOLEADO: Distrito DF los Cachorros
MEJOR JUGADOR: Luis Carreira
DEPORTIVIDAD: Aquelarre.