Axentes do Cambio, o grupo de participación da Infancia e a Adolescencia de Redondela, intervén na elaboración dun mural na Senda Verde de Chapela. O graffiti, elaborado baixo a dirección da artistas plástica Paula Amoedo, decora un dos edificios da antiga estación de Chapela. Proximamente será outra artista, Pilar Alonso, a encargada de decorar os muros do antigo apeadeiro.
O grupo de participación da Infancia e Adolescencia de Redondela, Axentes do Cambio, comprometidos coa diversidade sexual e o respecto a todas as minorías propuxeron levar a cabo algunha actividade para apoiar e darlle visibilidade ao colectivo LGTBIQ+. Como resposta a esta petición o Concello decidiu pintar un mural na Senda Verde de Chapela, sobre o edificio do antigo apeadeiro, mural que se centrará nesta temática.
O mural está a ser pintado polos membros de Axentes do Cambio, segundo o deseño da pintora redondelá Paula Amoedo, artista elixida para realizar o deseño e acompañar e orientar ao grupo durante a actividade.
Unha intervención artística que se completará coa decoración do antigo edificio do apeadoiro. Un dos seus muros recollerá poemas en galegos, mentres que noutro dos seus muros está previsto decoralo cun elementos moi vinculado coa parroquia, os remos das traiñeiras. Pilar Alonso será a responsable de ilustrar este edificio cunha proposta que busca “simbolizar a unión das dúas zonas da parroquia separadas durante décadas por unha vía ferroviaria e que agora se converte ne nexo de unión e zona común de convivencia”.