Esta fin de semana a Liga Galega de Traiñeiras celébrase no Paseo de Cardona en Chapela. Embarcacións de toda Galicia competirán por gañar a VII Bandeira Concello de Redondela Feminina e a IV Bandeira Chapela Concello de Redondela. Esta xornada de competición será especialmente emocionante para a traíña feminina do club chapelano, xa que loitará por recuperar o primeiro posto fronte a CR Cabo de Cruz.
Na regata desta fin de semana competirán 12 embarcacións da Liga A masculina, na que o CR Chapela sitúase en cuarta posición e o Club Remo Cesantes en novena. Os de chapela pelexarán por entrar no podio contra SD TIRÁN – PEREIRA, pero será complicado pois están a 18 puntos de distancia na clasificatoria xeral.
Na Liga Feminina, CR Chapela-Wofco e CR Cabo da Cruz están a dous puntos de diferencia na clasificación con 50 e 52 puntos respectivamente. Estas son as dúas embarcacións máis potentes desta regata, xa que levan sendo as favoritas toda a tempada e ofrecerán todo un espectáculo esta fin de semana no Peirao de Chapela.
A previsión meteorolóxica para este sábado é favorable, polo que a regata parece que se celebrará sen incidencias. Un día de calor no que os afeccionados poderán gozar da competición a partir das 17h da tarde.