Dende o Club de Balonmán de Chapela fan un chamamento por redes sociais para atopar rapaces interesados en inscribirse na categoría xuvenil masculina. Buscan Xogadores nados entre 2006 e 2007, é dicir entre 15 e 16 anos.
Dende a directiva explican que en 2021 non puideron consolidar o equipo e polo tanto non competiron coa categoría xuvenil . Esta tempada contan con 7 rapaces, pero precisan polo menos 10 ou 11 para sacar adiante o equipo e asegurar o futuro da canteira.
A presidenta do club, María González, lembra que “neste momento temos máis escaseza de xogadores na categoría xuvenil, pero sempre é ben recibido calquera deportista interesado en formar parte do chapela.”
As persoas interesadas poden achegarse a oficina do Pavillón de Chapela, escribir o Facebook do club ou chamar ó número de teléfono 673902496.