Teñen como obxectivo previr a delincuencia na vía pública tomando contacto co cidadán en xeral e cos turistas das súas nacionalidades en particular, a quen asisten en labores de tradución e axuda Patrullan cos seus respectivos uniformes nacionais, de tal maneira que son facilmente reconocibles polos cidadáns procedentes de ambos os países
Axentes da Policía Nacional patrullan as rúas de Vigo e Redondela, conxuntamente con dous policías da Policía de Seguridade Pública (PSP) de Portugal, da localidade de Viana do Castelo, no marco do proxecto Comisarías Europeas, co obxectivo de incrementar a atención aos cidadáns estranxeiros e garantir unha maior seguridade aos turistas. Trátase dun proceso de colaboración internacional no que, como en ocasións anteriores, efectivos estranxeiros son destinados a zonas de gran afluencia turística durante diferentes intervalos de tempo.
Proximamente dous axentes da Policía Nacional, un deles da Comisaría de Vigo-Redondela, e outro da Unidade de Estranxeiría e Documentación de Verín, desprazaranse á localidade portuguesa de Aveiro, onde en apoio e colaboración coa PSP portuguesa, dan visibilidade ao proxecto europeo, atendendo a turistas españois, garantindo a seguridade durante a súa estancia no país veciño.