O Choco e o Coruxo xogaron un amigable en Santa Mariña que tivo como resultado un empate, pero sen goles. A pesar de ser unha disputa amigable e, ademais, a principios de pretemporada, ambos os conxuntos xogaron a un ritmo alto e a moi bo nivel. Este tipo de partidos teñen como intención animar e ofrecer espectáculo aos afeccionados ao fútbol, pero tamén serven como adestramento para chegar na mellor forma posible á nova tempada. Ambos equipos quixeron ofrecer un bo partido ao centenar de espectadores que se achegaron ao recinto de Redondela.
Neste encontro demostraron o nivel axustado que hai entre os xogadores do equipo redondelá e o equipo vigués. O Coruxo tivo máis oportunidades de marcar gol que os do Choco dominando desta forma o campo, pero a defensa redondelá estivo a altura e non deixou entrar ningún balón na portaría. Este é o segundo amistoso que empatan, o anterior foi fronte o R. Castrelos.