O club celebrou en Chapela a vitoria no Campionato de España de Traiñeiras
Co título de campioas de España de Traiñeiras no peto, as deportistas de Chapela non deixan de lado a Liga Galega de Traiñeiras, onde seguen na pelexa polo liderato xunto a Cabo de Cruz. En augas asturianas de Castropol foron as máis rápidas nunha regata moi pelexada. Completaron o podio as galegas de Cabo da Cruz e A Cabana, coas anfitrioas de Castropol xa moi afastadas na cuarta praza. Excelente resultado tamén para o barco masculino no que os remeiros de Chapela acadaron o bronce, por detrás de Bueu e Samertolameu. A proba, en augas abertas, serviulles tamén para probar o barco de cara a próximas regatas da LGT en condicións similares, como a cita coruñesa coa bandeira de Ribeira e oTeresa Herrera.
Na loita polo título da Liga Galega seguen detrás das de Boiro só por un punto. Por iso seguirán pelexando “mentres teñan opcións”, explica o seu adestrador Santiago Lago.
A próxima cita será o domingo coa Bandeira Princesa de Asturias, tanto na categoría feminina como na LGT B na que participa o equipo masculino de Chapela.