Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Misoxinia na Xunqueira

PAXARETAS (2)

A Asemblea Feminista Paxaretas denunciou nas súas redes sociais o borrado dos nomes das mulleres asasinadas pola violencia machista no que vai de ano. A asociación escribe nunha pizarra esta lista para dar visibilidade a estes actos, e o seu borrado foi criticado por moitos usuarios de redes. Un acto misóxino, como denuncia Paxaretas ” contra a memoria das mulleres asasinadas”. Sinalan desde o colectivo redondelán que volverán a escribilos “as veces que faga falta”, pero advirten que  misoxinia e a ignorancia “non teñen tan fácil solución”. Actos coma este non fan máis que confirmar a necesidade do movemento feminista “nunha sociedade que alimenta o odio contra as mulleres, que nin sequera respecta a memoria das asasinadas”. Na pizarra de Paxaretas, instalada no paseo da Xunqueira, podía lerse o nome e a idade de 22 mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas este ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará