Imaxe dunha edición anterior da Festa de Mexillón en Chapela
O Círculo R.C. de Chapela celebra esta fin de semana a Festa do Mexillón. O sábado 13 e o domingo 14 o paseo marítimo de Chapela acollerá a festa gastronómica a partir das 12:00 horas da mañá. O prezado bivalvo poderá degustarse en empanada de millo e de trigo, ao vapor, á vinagreta e en escabeche. O evento contará tamén con música, o sábado a partir das 21:00 horas coa actuación do dúo Ana e Ricardo e inchables para os máis pequenos. Ademais celebrarase un concurso gastronómico. A inscrición está xa aberta no C.R.C. de Chapela, e haberá premios para os tres primeiros clasificados con máis de 200 euros en metálico. As bases poden consultarse en www.chapela.org.