Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A evolución eléctrica dos deportes náuticos chega a Cesantes

Salitre

O Club Deportivo Salitre de Redondela trae por primeira vez a Galicia os e-foils, unhas táboas propulsadas por enerxía eléctrica que permiten ao usuario elevarse sobre a auga e descubrir a sensación de navegar e voar á vez. Trátase da a evolución eléctrica das táboas de foil que os deportistas de kitefoil e wingfoil utilizan para navegar. A vantaxe dos e-foil sobre as táboas clásicas é que permiten a calquera persoa gozar dun paseo pola ría sen necesidade de ter coñecementos previos de manexo de cometas. Tampouco dependen do vento para practicar, só a batería de última xeración e un sinxelo mando de control remoto para controlar a velocidade. Os e-foils con o novo xeito de gozar da velocidade no mar, das paisaxes das nosas rías ou dos río e  encoros. Todo iso  “con cero contaminación acústica e ambiental”, explican desde Salitre. Con esta nova disciplina deportiva, Salitre pon a Galicia no mapa dos deportes náuticos do futuro, xunto a anuncios como Eivissa ou Barcelona. A promoción de novos deportes náuticos é unha das accións levadas a cabo polo club dentro do proxecto “Iniciativas sustentables de lecer e culturais na Enseada de San Simón” que conta co financiamento do GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro), Xunta de Galicia e Fondos da Unión Europea. Con el pretenden achegar ao público a paixón polos deportes de auga e o respecto ao medio ambiente. Ao longo de todo o verán o club ofrece aluguer gratuíto e cursos de iniciación de kitesurf, wing, paddlesurf e kaiak co fin de que todo o que o desexe poida descubrir os deportes que se practican na Enseada de San Simón. Para que tamén o e-foil sexa un deporte accesible, o club realizará un curso de iniciación os días 25 e 26 de agosto. A reserva deberá formalizarse a través da páxina www.salitreclubdeportivo.com.  O proxecto de Salitre contempla tamén accións para achegar aos máis pequenos a cultura mariñeira e valoren o patrimonio etnográfico. Despois do taller de arte con residuos do mar, o club planifica outro de pesca tradicional, marisqueo e atado de redes con prazas para 50 nenos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará