A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras da senda peonil na estrada autonómica PO-252, en Pazos de Borbén. Os traballos, que supuxeron un investimento próximo aos 45.000€, centráronse na construción dun itinerario peonil pola marxe dereita da PO-252, nuns 200 metros de longo, porque o treito non contaba con zona independente para peóns. Esta actuación permite dar continuidade ás beirarrúas existentes na travesía da PO-252 no núcleo de Xunqueiras. A senda ten ancho mínimo de 1,8 metros, e está elevada 10 centímetros da calzada. Tamén se colocou pavimento táctil de botóns no vao peonil previsto.Tamén se realizou unha canalización de drenaxe subterránea, formada por un colector de PVC, así como os correspondentes sumidoiros e pozos de rexistro que permiten a evacuación da auga da plataforma e das marxes.