Iria Vilaboa é a concelleira de Servizos Sociais
O departamento de Servizos Sociais “fiscaliza diariamente” á empresa concesionario, segundo explica a concelleira Iria Vilaboa.
O Concello de Redondela asegura que por primeira vez persoal municipal está a facer un seguimento “exhaustivo” dunha empresa concesionaria, neste caso Os Ventos Innovación e Servizos, adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en Redondela. Ante as denuncias do sindicato CUT, que cualifica de “nefasta” a xestión do servizo, a concelleira Iria Vilaboa asegura que se está a fiscalizar á empresa a diario e a realizar informes “que están a disposición dos sindicatos e os grupos municipais”. A CUT advertía no seu comunicado que os usuarios están a ver empeorado o servizo de atención no seu fogar “ porque cambian ás auxiliares, modifícanse os horarios e mesmo quedan sen servizo“. Vilaboa explica que esta situación está motivada polas vacacións de verán das traballadoras e de numerosas baixas, algunhas repentinas “que fan moi difícil cubrir o servizo”.
Dáse tamén a circunstancia de que algúns usuarios rexeitan que unha traballadora que non é a súa coidadora de referencia faga o servizo. Unha circunstancia que supón un problema engadido “xa que se a súa auxiliar está de vacacións ou de baixa non pode acudir ao domicilio”. A concelleira de Servizos Sociais asegura que a intención do Concello é que o Servizo de Axuda no Fogar sexa “óptimo”, e que están en contacto permanente coa empresa e informando ás familias.
A empresa fíxose cargo do servizo a finais do mes de maio, e o cadro de vacacións das traballadoras xa estaba establecido. Ás empregadas que están de vacacións hai que sumar as baixas, o que xunto coas dificultades de contratación de auxiliares en época estival complica máis a xestión do servizo.
Unha resposta
Ok. Di que fiscalizan a diario. Ben. Digolle eu, porque non ponen una bata e van a facer os servizos que cada duas por tes quedan sin facer? Poderiase dar o caso que así fagan o que les piden as familias e vexan costa ellos e escoiten costa oidos o que sienten, pensando e tienen que decir as familias e os doentes. Porque, señora concelleira, son doentes fisica e emocionalmente oeste intre.
Di vostede señora concelleira, que dende o minuto un están fiscalizando. Lembra porque? Tera algo que ver que dende antes que empezara a hacerse cargo a empresa la tiñan ustedes dabondo para facelo?
Recorda as boas palabras e intenciones da alcaldia en diferentes reunions pola nosa parte coa responsable da alcaldía que llegó transmitía todas esas …palabriñas.
Recordar a reunión mantida con vostede das cosas representantes no seu despacho?
Podería seguir pero la non vale a pena falar con quien so te boas verbiñas pero non ten feitos.
Falta vostede de fiscalización diaria…ben. Polo tanto tienen información suficiente para facer álgido… Que fixeron ? Verbas. Verbas…. Siempre a misma retahíla de verbal …estamos fiscalizando. Pregunto en, tan mala ou difícil e esa fiscalización que ainda non atopan solucions?. Que toda persoa que vai por registro, toda persona que falta dereitiño ca representante do concello, nos mesmas, as traballadoras, non temos ainda unha resposta de de a primeira que foi presentada. E más, queixas dadas directamente a alcaldesa, preguntan se familiares onde se perderon…
Falta vostede de vacacions. Entendo. Nunca tivemos vacacions hasta que chegou esta empresa? Cocido que en sempre disfrutei das miñas. En disfrutaba o menú tempo. Os meus usuarios forón atendidos. Non tera algo que ver que as anteriores empresas, sabendo cando empezaban as diferentes vacacions , con tempo suficiente, contrataban o persoal necesario. Ainda co COVID….cumprimos todos e todas, cubrironse os servizos.
Fala vostede da cantidad de baixas que temas. Ningen se preguntou a que se pode deber? Nunca, repito, nunca pasou o que esta a pasar. Non se preguntan porque? Non les chama un pouquiño a atención? Ou tamen pode ser que de tanto fiscalizar non lles parece importante. Escolla vostede. Eu mellor non dou mais razones…..non lles gustaría nin lles apetecería moito escoitar mais verdades.
Dende o concello sigan todos fiscalizando…
Os doentes, seus familiares e nos, buscaremos as solucions….e non se preocupen moito, faremolas chegar o concello.
Pero si lle pedimos a todos vostedes. Deixen dunha vez de decir que lle preocupan os nosos maiores.
Preguntenlles que pensando la carta da alcaldesa.
Pode ser que entendían e aprendan algo.
Pensen que non e un problema de bandeiras, de políticas das que fan….
Dense conta xa que se falta dunha problemática social que vostedes alimentan fiscalizando tanto sin solucionar nada
Mentras tanto os nosos maiores siguen aguantando carros e carretas e decindo que non son tornillos…
Así la topan nestre intrépido gracias o bo traballo do seu concello.