Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vertidos fecais de Pazos chegan a Redondela

Alvedosa1

A rede de saneamento de Pazos de Borbén é deficiente en parroquias como Moscoso, Nespereira e Amoedo. Isto provoca verteduras de augas fecais sen depurar ao río, máis frecuentes e visibles nos meses de verán debido ao aumento de poboación nos barrios na época estival, como polo descenso do caudal nos ríos. As verteduras chegan logo ata o encoro de Eiras, e tamén a ríos como o Alvedosa e o Louro, como denuncia Xurxo Pardo Besadío, do BNG de Pazos, porque “non existe depuración de ningún tipo”.

Xurxo Pardo Besadío, do BNG de Pazos, ten denunciado os vertidos en reiteradas ocasións

 O problema non é algún “puntual”, senón que se trata dunha “falta de xestión das augas residuais por parte do Concello. A precariedade da rede e a falta de mantemento municipal provoca verteduras continuas. Recentemente unha unidade móbil de bombeiros do 112 tivo que acudir ao municipio para “limpar e desatascar” o conduto debaixo da ponte en Chan de Amoedo. Augas de Galicia abriu un expediente sancionador ao Concello de Pazos por estes feitos. Tamén desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica se sancionou ao Concello “por incumprir a normativa de vertidos”.

As augas residuais de varias parroquias chegan aos ríos e encoros sen depurar

O problema non afecta só á veciñanza e ao medio ambiente de Pazos de Borbén, xa que as verteduras chegan polo río a outros municipios veciños como Redondela. As verteduras no río Alvedosa afectan á contorna natural deste municipio, e rematan na Enseada de San Simón, co conseguinte problema para sectores como o marisqueo.

A contaminación dos ríos chega ata a Enseada de San Simón

Antes os problemas de contaminación, a Comunidade de Montes de Amoedo ten previsto construír unha nova depuradora, xa que a actual “está rota e obsoleta” segundo explica Miguel Míguez, presidente dos comuneiros. De feito non se trata dunha depuradora no sentido estrito, senón unha decantadora “que debido aos anos e á falta de mantemento non funciona”.

A Comunidade de Montes de Amoedo fará unha nova depuradora porque a actual “non funciona”

O BNG de Redondela e o de  Pazos de Borbén levarán esta cuestión ao Parlamento Galego a través da deputada Alexandra Fernández, que xa presentou diversas preguntas sobre esta cuestión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará