Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reboreda en Jazz aposta pola música galega

Pablo Sanmamed Trio - 2

O festival de Jazz de Reboreda celebrase este sábado 27 de agosto na Finca do Carballo das Cen Polas onde a partir das 20h da tarde poderemos gozar de concertos de balde de bandas como  Manquiña, Los Fabulosos Weekend a banda local 33RPM e o cabeza de cartel Pablo Sanmamed Trío. Todas elas bandas galegas que presentarán os seus últimos traballos, pero que tamén terán tempo para a improvisación. O evento está organizado pola Asociación Cultural O carballo das Cen Polas coa colaboración do Concello de Redondela.

Pablo Sanmamed contrabaixista,  líder e creador do proxecto musical Pablo Sanmamed Trío tocará o sábado xunto con Iago Mourinho ao piano e Bruno Couceiro á batería. Dende que comezaron o proxecto apostan polo jazz experimental pero sen esquecer o seu amor pola música tradicional. Unha banda moi arraigada coa terra que reivindica sempre que pode o respecto e a promoción da música galega.

Ese día tocarán cancións do seu primeiro disco xuntos chamado 16_04 e farán un adianto das cancións do seu seguinte disco, que aínda está en proceso de ser rematado pero que xa ten moi boa forma.

Reboreda en Jazz é dos poucos festivais que resiste este verán a contratar músicos de fora. Segundo Pablo Sanmamed, o 84% dos concertos en Galicia so de músicos estranxeiros.

Por todo isto é importante asistir a este tipo de eventos. Os concertos do sábado 27 son totalmente de balde e o apoio ás asociacións culturais como O carballo das Cen Polas ou a música galega é máis necesario ca nunca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará