Hoxe é Martes 11 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Avanza o plan para converter as casas dos mestres nun espazo cultural con museo

CasasMestres

O Concello de Redondela ten aberto o proceso de licitación das obras de remodelación e transformación das antigas casas dos mestres nun espazo cultural polivalente e un museo etnográfico. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 12 de setembro.

O goberno local  iniciaba a comezos do 2021 o proceso para que o edificio pasase a ser de titularidade municipal, proceso que remataba en xullo desde mesmo ano coa cesión por parte do Ministerio. Rematados todos os trámites o executivo de Digna Rivas abre o proceso de licitación da obra que recuperará as antigas vivendas dos mestres nun espazo cultural polivalente “dando resposta a unha reivindicación histórica dos colectivos culturais para que, unha parte do inmoble, sexa dedicado a museo etnográfico”. A primeira actuación a realizar será a rehabilitación integral da edificación para crear un espazo polivalente na planta baixa, na que quedaría instalado un espazo de museo, con salas de exposición permanentes e temporais, sala de interpretación e un taller que permita a realización de actividades creativas.

Con este proxecto o Concello consegue un dobre obxectivo “xa que por unha banda dótase á cidadanía dun novo espazo cultural mentres que por outra ponse en valor un inmoble que, de feito, xa é de por si de interese etnográfico porque forma da historia de Redondela”, sinala a alcaldesa. Rivas lembra que o uso para vivenda social do inmoble quedou descartado xa que, por unha banda “o edificio é de titularidade de Patrimonio do Estado e non permite a súa cesión a terceiros por parte do Concello” e por outra, “ao estar enclavado o inmoble en dominio marítimo terrestre, non permite o seu uso residencial”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará