Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco golea ao Portonovo no último amigable da pretemporada

ChocoPortonovo

CD Choco 5-1 Portonovo SD

Cos goles de Juanma Justo (2), Félix, Adri e Fran Monroy o Choco superou con moito ao Portonovo. Partido intenso no último amigable desta pretemporada. A partir de agora comeza a competición oficial, o primeiro partido de Terceira será este domingo, cando reciben na casa ao Viveiro.

O club afronta o comezo de liga cos deberes feitos, o equipo técnico completo e tamén algunhas fichaxes que reforzan o cadro de xogadores. Hai novas caras no banco coa chegada de Daniel Núñez como adestrador de porteiros e o preparador físico Daniel Pascual.  “Pascu” é un vello coñecido pola afección choqueira xa que a súa carreira deportiva transcorreu na familia redondelá, adestrou equipos do Infantil e tamén foi preparador físico do Cadete División de Honra e do Xuvenil Nacional. Dani Núñez, malia a súa xuventude, ten unha longa traxectoria no mundo do fúbol. Ademáis de xogador en equipos como Matamá, Sardoma, ou Sta Marina, tamén ten experiencia como adestrador e adestrador de porteiros. Coas novas incorporacións queda configurado o corpo técnico do CD Choco con Juan Amoedo como adestrador, Carlos Rodrigues de segundo adestrador, Fernando Berdomás como Delegado, e Aitor Leiro como fisio e readaptador deportivo.

Tamén nas últimas xornadas se incorporou ao cadro de xogadores Elías Reyes, que  volve a vestir a camisola choqueira. Reyes regresa á casa logo de xogar unha tempada no Arandina CF, equipo que competiu tamén na Terceira RFEF.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará