Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A vendima no Castelo de Soutomaior deixá 12.000 kilos de uva

viñedos souto

A empresa Enoturismo Acha realizará os traballos tras resultar adxudicataria na poxa aberta para a colleita de uva albariña e outras variedades nas 4 hectáreas de viñedos do recinto. os traballos de colleita da uva realizaranse durante hoxe venres e mañá sábado.

Enoturismo Acha farase así cunha producción estimada de 12.000 quilos de uva entre albariño e outras variedades.

A firma ofertou un prezo de 2,70€ por quilo de uva albariña e de 1,04€ para o resto de variedades. Desde o cambio de goberno na Deputación no ano 2015, adoptouse este sistema de poxa pública para a recollida da uva da finca. A empresa adxudicataria leva a cabo a vendima na mesma leira do castelo, e encárgase do traslado á súa adega.

Os viñedos do Castelo de Soutomaior, que se estenden en 4 hectáreas (o recinto ten unha extensión de 33) foron plantados nos anos 80. A explotación distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmicos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente, o que fai que as producións non sexan moi altas. A uva é autóctona, na súa maioría albariño, habendo outras variedades tanto brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) como tintas (mencía e sousón).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará