O Concello de Redondela executou unha obra de reparación no colector de saneamento que presentaba a filtración na rúa Salgueiral logo de que fora detectado por persoal do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia. Nunha inspección recente, os técnicos autonómicos constataron o cese do vertido
O persoal inspector do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, observou indicios de achegas contaminantes a través dun punto de evacuación ao río Maceiras da rede de augas pluviais.
Os técnicos realizaron unha campaña de seguimento ata detectar a orixe do vertido, que tiña lugar na existencia dunha filtración no colector da rúa Salgueiral.
Augas de Galicia comunicoulle esta situación ao Concello de Redondela e solicitoulle a adopción de medidas para acadar unha solución. Así, o ente municipal executou unha obra de reparación no colector de saneamento que presentaba a filtración.
Nunha inspección recente, os técnicos autonómicos constataron o cese de contaminación microbiolóxica no efluente evacuado ao dominio público pola rede de pluviais.