Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A vendima no Castelo de Soutomaior supera as previsións con máis de 18.500 kilos de uva

vendima souto

A produción nas 4 hectáreas de viñedos superou en preto de 2.000 quilos os resultados do pasado ano e convértese na mellor colleita desde o 2015

A vendima na finca do Castelo de Soutomaior desbordou esta pasada fin de semana todas as previsións, coa recollida dun total de 18.651 quilos de uva, cifra que supera amplamente os 12.000 quilos estimados inicialmente e que supón a mellor colleita desde o ano 2015. Vinte persoas participaron nestes traballos desenvolvidos o pasado venres 9 e o sábado da man da empresa Enoturismo Acha, que resultara adxudicataria da poxa aberta pola Deputación para a colleita nas catro hectáreas de viñedos.

A meirande parte da colleita é de uva albariña, con 16.201 quilos, e o resto corresponde á variedade de godello (2.450 quilos). Na poxa, a firma adxudicataria ofertara un prezo de 2,70€ por quilo de uva albariña e de 1,04€ para o resto de variedades.

A deste ano convértese na mellor colleita desde que a Deputación implantou o sistema de poxa para a vendima e explotación da uva da finca do Castelo, superando por exemplo de longo a cifra acadada no 2018, con 17.754 quilos recollidos, e tamén a do pasado ano 2021, con 16.827 quilos.

Os viñedos do Castelo de Soutomaior foron plantados nos anos 80 e esténdese por 4 hectáreas. A explotación distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmicos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente, o que fai que as producións non sexan moi altas. A uva é autóctona, na súa maioría albariño, habendo outras variedades tanto brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) como tintas (mencía e sousón).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará