Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela de onte a hoxe, imaxes contra o paso do tempo

chapela fotos

Gonzalo Mencía presenta un libro no que recolle máis de 200 fotografías cedidas polos propios veciños da parroquia que se verán así reflexados nunha publicación que supón dar continuidade a un libro anterior publicado hai xa máis de 20 anos. A presentación será hoxe no Circulo Recreativo de Chapela ás 20:00 horas e mañá sábado a mesma hora no Centro Cultural de Cidadelle.

Hai máis de dúas décadas este veciño de Chapela decidiu recompilar imaxes que formaban parte da seu arquivo familiar e, xunto con fotografías que lle foron cedendo amigos e coñecidos, audoeditar un libro que levou por nome “Chapela de onte a hoxe”, unha publicación que esgotou o número de exemplares incluso en edicións posteriores.

Publica agora a que é a segunda parte dese volume con imaxes dos anos 40 e 50 ata datas máis próximas onde os protagonistas indiscutibles son os veciños da parroquia.

O máis difícil, confesa Mencía, é identificar aos protagonistas de cada fotografía, “xa que incluso os seus donos non saben quen son”.

Polo de agora decidiu editar algo máis de 200 exemplares que se venderán en diferentes puntos da parroquia “no caso de que se esgoten non descarto facer outra tirada, todo dependerá da demanda que haxa”.

“Teño xa material para un terceiro libro” explica Mencía quen agradece a boa disposición da veciñanza á hora de cederlles as súas imaxes persoais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará