Foto: Patry Rivas
O equipo de División de Honra Prata Feminino perdeu goleado ante o Puerto del Carmen, mentres que na Primeira Nacional Masculina o Carballo superou ao Plastic Omnium.
División de Honra Prata Feminino
SAR Rodavigo 28-43 Lanzarote Puerto del Carmen
As de Redondela só aguantaron o ritmo e a velocidade impostas polas canarias durante o primeiro tempo (14-19). Na segunda metade, o Puerto del Carmen abriu unha fenda insalvable no marcador co resultado final de 28-43. Na próxima xornada viaxan a terras asturianas para medirse ao Siero, que gañou o primeiro encontro nun axustado partido ante o El Pendo.
Primeira Nacional
Xiria 32-26 SAR
Os nosos mozos de Nacional regresan de Carballo sen premio. O partido empezou con igualdade no marcador durante os primeiros vinte minutos de xogo (11-9). Antes de finalizar o primeiro tempo, os locais adquiriron unha renda de 6 goles que os de Redondela non souberon reducir na segunda metade. Na próxima xornada reciben ao Granitos.