Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andrea González e Clara Panas actúan na Igrexa de Reboreda dentro do ciclo Música no Ar

Andrea-e-Clara-Panas

O programa de música clásica en espazos patrimoniais da provincia que organiza a Deputación de Pontevedra achega este domingo ás 19:00 horas ao templo de Reboreda un espectáculo a cargo das músicas Andrea González e Clara Planas.

Unha actuación na que se presenta a fascinante historia do español Rosendo Salvado, fundador da única cidade monástica de Australia e pioneiro na defensa dos dereitos humanos.

Nun espectáculo Andrea González, pianista, xestora musical, pedagoga e divulgadora, interactúa co público mediante interpretacións ao piano, proxeccións audiovisuais e narracións, amosando un personaxe ecléctico que negociaba con reis e papas, convivía con tribos indíxenas e consideraba a música o epicentro da súa misión. Unha poliédrica personalidade con múltiples intereses que abrazaron disciplinas coma a medicina, a arte, a ciencia e a botánica, ao mesmo tempo que exercía como misioneiro, diplomático, escritor e artista.

Unha viaxe por lugares emblemáticos da cultura española, italiana e australiana baixo a estética alegre e colorida da deseñadora Ágatha Ruiz de la Prada, que avoga pola diversidade cultural e polos dereitos universais.

Unha actuación enmarcada no ciclo Música no ar, organizado dende a Deputación co fin de promover e garantir o acceso igualitario á cultura para todas e todos, alén de poñer en valor espazos de memoria, arte e identidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará