A empresa construtora deu aviso ao concello da aparición dun problema de última hora que facía preciso dito corte “para solucionalo de forma inmediata”. Estímase que o venres quede restablecida a normalidade.
A empresa que realiza os traballos de humanización da Avenida Santa Mariña deu conta na mañá de onte da aparición dunha incidencia nas obras que fixeron preciso o corte dun dos carrís de circulación na antedita vía. Por parte da empresa sinalouse á necesidade de atallar o problema de “xeito inmediato polo que non houbo tempo para transmitir á cidadanía a realización deste corte de tráfico”, explicou a alcaldesa Digna Rivas.
O tráfico rodado está sendo regulado por semáforos e o Goberno local conta con que o venres estea totalmente restablecida á normalidade. Digna Rivas agradeceu “a comprensión da veciñanza ante os inconvenientes que orixina toda obra de calado e que, como en este caso, atopase con imprevistos aos que é preciso darlle unha resposta o máis rápida posible”.
Rivas lembrou que tanto ás obras que se realizan na Avenida Santa Mariña como as que se desenvolven na Praza de Ponteareas “transformarán as dúas principais vías de entrada ao casco urbano convertendo eses espazos en lugares máis agradables para a cidadanía e gañando zonas de ocio e desfrute para as veciñas e veciños”.