Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra o Día do alzhéimer cunha mesa redonda no Multiúsos da Xunqueira

Xornadas alzhéimer

Redondela acolle hoxe unha mesa redonda na que participan diferentes expertos que enfrontarán a enfermidade do alzhéimer dende tres puntos de vista: o físico, o cognitivo e o social, co obxecto de que este doenza sexa máis comprendida pola sociedade. Un xeito de dar visibilidade a unha doenza que é a forma máis frecuente de demencia e que afecta a máis de 50 millóns de persoas en todo o mundo, cifra que segundo a OMS triplicarase de cara ao 2050.

Pedro Álvarez, director do Grupo SENES

O Concello de Redondela e o Grupo SENES organizan un acto xunto a expertos e expertas da área sanitaria e social que abordarán temas como os itinerarios da demencia, a investigación, a terapia neurolóxica e o envellecemento activo. A actual Concellería de Servizos Sociais, coordinada por Iria Vilaboa, leva traballando desde 2019 coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA) para formar e sensibilizar sobre esta afección.

A mesa redonda terá lugar hoxe mércores 21 de setembro ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. A mesa estará composta por Isabel Couñago, traballadora social e psicóloga de “Os Cortizos”; Pedro Santamaría, psicoxerontólogo e membro do grupo de Envellecemento do COPG; así como Antía Soneira, fisioterapeuta do SERGAS e especialista en terapia neurolóxica e envellecemento activo. O presentador e moderador será Pedro Álvarez, director do Grupo SENES, quen insiste na necesidade de dar visibilidade e maior apoio á investigación en torno a unha enfermidade que non ten cura nin tratamentos efectivos para frear o seu avance.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, convida a asistir a este acto de concienciación “para estimular a colaboración na investigación do alzhéimer, pero sobre todo convida ás familias de afectados para achegar a realidade desta enfermidade e participar de forma activa”.

Durante o evento distintos portavoces da área sanitaria e social, abordarán temas como os itinerarios da demencia, a investigación biomédica e social en España, así como o diagnóstico precoz. Tamén se atenderán as reivindicacións e dúbidas daquelas persoas que padecen a enfermidade de Alzheimer e dos seus familiares coidadores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará