Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O programa Maiores en ruta organiza unha nova visita guiada a Estrada, Silleda e Caldas de Reis

maioreenruta

Tras o éxito das anteriores excursións do programa “Maiores en Ruta”, o Concello de Redondela segue organizando visitas guiadas para as persoas maiores da vila. Esta vez visitarán A Estrada, Silleda e Caldas de Reis no mesmo día, pero en dous grupos separados que inclúe o mércores 28 de setembro e o 5 de outubro. A data límite para apuntarse remata este venres 23 de setembro e xa están apuntadas máis de 250 persoas.

Unha iniciativa da concellería de Persoas Maiores que busca ofrecer a aquelas persoas que teñan máis de 55 anos a posibilidade de gozar de excursións dun día de duración a lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial.

O prezo da actividade, de periodicidade mensual, varía dependendo de factores como pode ser, por exemplo, a distancia da viaxe, aínda que serán accesibles a todos os petos. O prezo inclúe desprazamentos, visitas, comida nun restaurante e seguro de viaxe.

Despois do éxito das primeiras programacións, como a saída do 27 de maio a Ribadavia, os veciños e veciñas da contorna comezaron a apuntarse en masa. A seguinte saída estaba programada para A Estrada, Silleda e Caldas de Reis o 5 de outubro, pero no primeiro día de apertura de prazas xa estaban anotadas 250 persoas. Por este motivo decidiuse ampliar as datas da excursión “engadimos un día máis pola extraordinaria recepción que está tendo a iniciativa. Non queremos que ninguén se quede fora e por iso decidimos ampliar a data e facer a mesma excursión o 28 de setembro. A intención é que as persoas maiores poidan socializar e facer actividades ao aire libre, polo que queremos que teñan a oportunidade de facelo a maior xente posible” explica a alcaldesa, Digna Rivas.

Para poder participar nesta actividade, as e os interesados deberán cubrir un formulario que se lles facilitará na oficina de Turismo (situada nos baixos do Concello) onde se lles facilitará toda a información. A inscrición aínda está aberta ata este venres 23 de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará