Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno de Pazos e os empresarios do polígono de Amoedo solicitan a reapertura do tráfico pesado por Redondela 

tráfico pesado reondela

O peche ao tráfico pesado polo centro de Redondela está a crear un gran malestar en Pazos de Borbén polas molestias que ocasiona entre empresarios e veciños das parroquias de Amoedo, Cepeda e Nespereira. O alcalde, Andrés Iglesias, reuniuse con empresarios do polígono de Amoedo para atender as súas reclamacións e coñecer con exactitude a situación dos seus negocios e dos transportistas locais.

Así, segundo indicou o alcalde, o peche ao tráfico pesado a través de Redondela e a PO-250 supón “unha decisión catastrófica para o polígono de Amoedo xa que pon en risco a viabilidade das empresas e en consecuencia a estabilidade laboral de moitos veciños de Pazos de Borbén”, e criticou que un municipio poida pechar o tráfico dunha estrada autonómica sen ofrecer unha variante lóxica. 

Do mesmo xeito, Iglesia sinalou que esta decisión aumenta considerablemente o perigo da EP-2702, o outro viario de acceso ao polígono a través das parroquias de Nespereira e Cepeda.

Desde o Concello de Pazos de Borbén, indicou o alcalde, ofrécense diferentes solucións ao problema, como regular o horario durante o día nos principais momentos de necesidade ou permitir o paso durante as noites.

Novo proxecto para a EP-2702

Do mesmo xeito, Iglesias indicou que o Concello vén de recibir o novo proxecto realizado pola Deputación de Pontevedra para a EP-2702, a única vía de acceso ao polígono industrial de Amoedo desde o peche imposto polo Concello de Redondela. Un proxecto que contempla unha lixeira ampliación conforme ao anterior, pero que “se cadra non é suficiente se o Concello de Redondela non atende as nosas peticións. Se esa estrada ten que absorber o tráfico do polígono necesitará unha ampliación e un novo trazado nalgúns tramos xa que hai curvas tan pechadas que un vehículo de grandes dimensións non pode circular en condicións de seguridade”.

Por iso, o alcalde solicitou unha nova reunión coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, “xa que coa decisión de Redondela o problema da EP-2702 agrávase aínda máis e é necesario executar a mellora canto antes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Sinto moito o malestar dos empresarios pero os veciños de Vilavella estamos fartos do tráfico pesado polas nosas rúas. É perigoso para os cidadáns e xera moita contaminación acústica e de CO2.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará