Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os socialistas inclúen na súa proposta da Lei galega do xogo a “norma Redondela”

apostas

O PSdeG presentou no Multiúsos da Xunqueira a lei que se debaterá o vindeiro martes no parlamento Galego coa que se busca evitar que se poidan abrir casas de apostas en calquera sitio, “incluso ao carón dos colexios”. Un proxecto que inclúe tamén a “norma Redondela” que daría aos concellos a potestade de non conceder unha licenza para a apertura dun negocio destas características “algo que Redondela non puido evitar hai tres anos porque naquel momento non había unha lei como esta que amparase esa decisión”.

A proposta foi presentada hoxe en Redondela nun acto presidido polo secretario xeral provincial, David Regades, acompañado do relator do texto legal, o deputado Julio Torrado, e pola alcaldesa redondelá, Digna Rivas.

David Regades denunciou que dende que estas competencias foron transferidas polo Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en 1985 a pasividade marca toda a política autonómica e insistiu na necesidade dunha norma que buscar “poñer portas a este disparate de que se poidan abrir salas de xogo ao lado dos colexios”. Criticou tamén que o goberno galego anunciase hoxe mesmo a súa intención de poñerse a traballar nunha nova regulación do xogo.

David Regades insistía na necesidade dunha norma que se adapte a realidade actual

Digna Rivas, pola súa banda, agradeceu este traballo do grupo parlamentario socialista e tamén a escolla de Redondela para a súa presentación, pois esta localidade deu un exemplo de mobilización social en 2019, para opoñerse á apertura dunha casa de apostas. Rivas lamentou que daquela foi imposible parar aquela sala “porque non existía unha lei como esta”.

Digna Rivas lamentaba non ter contado cunha lei destas características para ter impedido a apertura da casa de apostas en Redondela

Julio Torrado destacou que a proposta socialista foi nomeada como “norma Redondela” en homenaxe a aquela loita dun concello que se viu imposibilitado a parar a instalación dun local de xogo “por falta de soporte legal e porque de ter negado a licenza estaría prevaricando”.

O texto regula xogos de loterías e boletos, casinos, bingos, máquinas recreativas e de azar, máquinas de apostas e establecementos nos que se poidan instalar estes dispositivos, incluídos os de hostalería. A prevención e a protección dos menores é o seu eixe vertebrador.

A proposta impediría que os locais de xogos e sitúen a menos de 850 metros dos centros educativos ou de centros de tratamento de persoas con afectacións polo xogo patolóxico. Ademais, prohibiría que os locais estivesen a menos de 500 metros entre si. Os concellos, ademais, poderían declarar urbanisticamente “zonas saturadas” para impedir a concesión de máis licenzas.

Julio Torrado insiste en que esta lei daría maiores competencias aos concellos

Os locais non poderían ter xogos infantís como reclamo, nin salas anexas para os cativos. Deberán ser exclusivos para adultos e evitar calquera proximidade ou interacción cos/coas menores. En canto aos bares e cafeterías limitaríase o número de máquinas de aposto/xogo a unha, a elixir entre tódalas que ofrece o mercado. Ademais, este tipo de máquinas requirirían do uso do DNI electrónico para a súa activación.

Finalmente, a lei socialista obrigaría a que os ingresos públicos por sancións neste ámbito, así como o 1% da recadación por taxas e impostos, se dedicase a labores de prevención e tratamento, con especial atención ás persoas máis novas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará