Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O documental sobre o conflitivo proxecto de parque ostrícola para Cesantes chega ao Multiúsos

ostas

O documental presentouse na Illa de San Simón

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy presenta o vindeiro 9 de outubro ás 18:00 horas no multiusos da Xunqueira en Redondela o documental “Ostras. O Peche do mar”, un traballo impulsado pola entidade e dirixido polo redondelán Fernando Carreira ‘Cuchi’. A peza audiovisual é unha análise do conflito vivido na parroquia entre finais de 1955 e inicio de 1956.

Esta presentación no multiusos de Redondela será un segundo pase da peza audiovisual logo da estrea no mes de xuño na illa de San Simón e que rapidamente completou o seu aforo. Agora preténdese que os veciños que non puideron estar na estrea poidan gozar coa súa presentación e proxección no multiusos de Redondela.

Naquel período, en plena ditadura, intentouse a creación dun parque ostrícola na praia de Cesantes. Era o ano 1955 cando o CSIC, Centro Superior de Investigacións Científicas decidía poñer en marcha este proxecto piloto de cara a criar en Cesantes. Unha iniciativa que buscaba aproveitarse das boas condicións existentes na enseada e que facían prever un bo rendemento en canto ao crecemento e viabilidade deste bivalvo. Así nolo explicaba dende o Obradoiro, Manuel Nieto

Con todo, as cousas non foron tan ben como esperaban os técnicos do CSIC, quen se atoparon coa posturas en contra das mariscadoras da zona, xa que no lugar no que se quería instalar o parque de ostras era onde se extraía a ameixa, o longueirón e outros mariscos.

Na peza recóllense testemuñas de protagonistas, información do iniciativa e, incluso, das institucións públicas que impulsaron o proxecto. A prensa da época recolleu uns feitos que conmocionaron o concello e nos que existiu unha gran participación veciñal.

O programa de actos dará comezo ás 18:00 h. A presentación correrá a cargo do presidente da asociación, José Antonio Martínez. Amenizarán o acto coa súa música o grupo de Camerata da Ría. Unha vez rematada este primer pase , falará Manuel López, membro da asociación que se encargou da documentación para este documental e realizárase un pase do documental Ostras. O peche do mar.

O presidente da asociación dará as grazas a todos os colaboradores da iniciativa , con especial atención as mariscadoras, algunhas en vida e outras, desgraciadamente xa finadas, tamén os científicos do CSIC ( Javier Guerra e Antonio Figueras ) e como no, a Miguel Borines e o director do documental Fernando Carreira “Cuchi” .Logo volverá a actuar o grupo Camerata da Ría o cal nos levará o a peche do acto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará