Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS está en cuartos de final de Copa Galicia

PAzosCuartosPublico

Emocionante xornada a vivida onte no Pavillón Municipal de Pazos, ateigado de público. Os seareiros do SD Pazos puideron gozar dun espectacular partido entre o equipo local e todo un Segunda B, o Ganomagoga IES Coruxo FS. Encontro de gran nivel con moita emoción e tensión ata o ultimo segundo. A primeira parte foi moi táctica, os dous equipos coñécense á perfección e estiveron a medirse en todo momento. Chegouse ao descanso cun único gol, o anotado por Mariete para o Pazos FS. Na segunda parte xa houbo máis ocasións , o Coruxo dispuxo de opcións claras para empatar que foron desbaratadas por gran Lolo baixo os paus. Tamén os de Fran Amoedo tiveron ocasións, e erraron nalgún man a man cun tamén  inspirado Adán. Nos últimos minutos tocoulles sufrir aos de Pazos defendendo o resultado a favor. Pero a falta de 5 segundos Jonás puxo o 2-0 no electrónico, o que desatou o xúbilo nas gradas abarrotadas de público. O resultado coloca ao SD Pazos entre os 8 mellores equipos de Galicia .

Desde o club destacan o ambiente “espectacular” e comuñón “total” entre equipo e público, cos máis pequenos das bases do SD Pazos animando sen descanso ao primeiro equipo e garantindo o relevo xeracional do club. Sen demasiado tempo para as celebracións, o Pazos FS regresa hoxe ao traballo para preparar o encontro deste sábado co Redondela Maramar FS ás 20.00 horas no Pavillón da Marisma. Unha festa do fútbol sala para os afeccionados cun derbi local en Terceira División.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará