A praza da Constitución acollerá este sábado ás 13:00 horas a actuación do grupo The Mirror. Ao día seguinte, domingo 16, a proposta chega a Soutomaior co grupo 2Tipos que ofrecerán un concerto tamén a unha do mediodía na praza de Talorío.
O proxecto, inciativa da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, no marco do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, busca xerar experiencias positivas a través da música xerando actuacións que están chamadas a ser un espazo de encontro e goce entre a poboación do territorio e as persoas que visitan Galicia para percorrer o Camiño de Santiago, ou con motivo do Xacobeo 21-22.
A maridaxe perfecta chegará coa promoción e impulso ao consumo responsable dos viños de D.O. Rías Baixas. Nesta edición isto irá a cargo dos establecementos da contorna dos lugares de actuación, onde as persoas participantes poderán gozar dos viños e da gastronomía. Deste xeito, refórzase a actividade dos establecementos hostaleiros, que tan mal o pasaron durante a recente pandemia.