Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos e lecturas radiofónicas para celebrar o Día das Escritoras

dia das escritoras

“Ante, durante e despois das guerras” é o tema elixido este ano para conmemorar o Día das Escritoras, data organizada dende a Biblioteca Nacional para reivindicar o labor e e o legado das mulleres que teñen escrito ao longo da historia. O día propio é o luns 17 de outubro, data na que as bibliotecas de Redondela organizan un contacontos a cargo de marta Ortiz “Coser e contar” que se vai desenvolver no Multiúsos da Xunqueira. Ao longo de toda a semana e a través desta emisora escoitaremos texto cuxa lectura correrá a cargo das integrantes da Asociación contra o cancro de Redondela.

Mª Elena Becerra fálanos da iniciativa

O contacontos de hoxe luns será ás 18:30 horas aberto a todo o público familiar a partir dos cinco anos con entrada libre e de balde. Enmarcada dentro do programa Ler conta Moito, da Xunta de Galicia proponnos unha viaxe que arranca nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións,… en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio de coser.

Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a moitas, moitas historias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará