Foto: Patry Rivas
División Honra Prata Feminina
SAR Rodavigo 27-26 Rubensa BM Porriño
Encontro de rivalidade comarcal e moi disputado na Bomboneira que se saldou a favor das de Verónica Posada. A SAR Rodavigo leva catro xornadas sen perder, e a vitoria ante o Rubensa Porriño lévaas a ocupar a 3ª praza da clasificación, empatadas a puntos co Camargo que é 2º e tan só un punto de distancia do Hand Vall Valladolid, que lidera a División de Honra Prata. Excelente comezo de liga para o equipo redondelán, que disputa esta fin de semana outro derbi galego. Será na pista do Carballal coas viguesas pelexando tamén polos postos de cabeza, actualmente cun punto menos que o Rodavigo.
Primera Nacional Masculina
Teucro 37-32 SAR Plastic Omnium
O equipo redondelán segue sen puntuar logo de cinco xornadas disputadas. Os anfitrións do Teucro chegaban tamén ao encontro na mesma situación, e foron os pontevedreses os que estrearon o casilleiro. Non llo puxo doado o equipo redondelán, que comezou o partido por diante no marcador. O Teucro comezou a remolque pero a medida que avanzaban os minutos gañaba efectividade, e xa chegou ao descanso con vantaxe de 18-15. Na segunda parte o Teucro gañou en confianza e a SAR foise diluíndo ata o 37-32 final.
Na próxima xornada reciben na Bomboneira ao Lavadores.