Terceira División
Alondras 2-1 Choco
O CD Choco perde no Morrazo ante o Alondras CF, nun partido no que se adiantaron os de Juan Amoedo cun gol de Comis. Pero logo de que os locais acadasen o empate cambiaron as tornas, e o Alondras tomou o control do encontro.
A primeira metade deixou un infrutuoso dominio da posesión para o conxunto choqueiro, que a penas tivo un par de ocasións claras que chegarían de xogadas a balón parado. A segunda metade xa foi outra cousa. Empezaba ven a escuadra choqueira con gol de Comis aos tres minutos do inicio. Máis 12 minutos despois Rosillo subiría o empate ao luminoso. Foi entón cando o plantel choqueiro deu un baixón e as ocasións empezaron a sucederse para o Alondras CF, o que levou a Cortegoso a demostrae a súa calidade. O segundo tanto local chegaría no 79 tras un mal despexe de Anxo Vilas, e David Mosquera non deixou escapar a oportunidade para encaixar o tanto definitivo do partido. Co resultado adverso o CD Choco a pesar de loitar polo empate, non foi quen de conseguir arañar un punto no campo de O Morrazo. O Choco sitúase na metade baixa da táboa e ten un duro rival para esta fin de semana. Visita Santa Mariña o Ourense UD, actual líder xunto co Fabril.
Ficha técnica:
Alondras CF: Andrés (p), Diego, Pablo García, Aitor Díaz, Javier Pereira, Hermelo, Mauro, Rosillo. Abel, Pablo e Raúl Paz. Tamén xogaron David Mosquera, Jesús Varela e Xoel Piñeiro.
Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Diogo, Yago Vázquez, Juanma Justo, Comis, Félix, Cora, Kopa, Adri, Berni e Ube.. Tamén xogaron Fran Monroy, Eli, Anxo Vilas e Toni.
Goles: 0-1 Comis (48’), 1-1 Rosillo (60’), 2-1 David Mosquera (79’).
Primeira Galicia
Arcade 1-0 Caselas
Na próxima xornada xoga no campo do Goián, co que está empatado a puntos.
Segunda Galicia
Cesantes 5-1 Marcón
O Cesantes imponse a todo un Marcón, e escapa dos postos baixos da táboa. Na próxima xornada xoga no campo do Deiro, que suma un punto menos que os redondeláns.
Soutomaior 4-1 Bueu
O Soutomaior gañou ao líder, e escala posicións na táboa, agora é 5º. Na próxima xornada visitan o campo do Zacande, co que están empatados a puntos.