A policía local de Redondela difundía estes días a fotografía dos teléfonos depositados ao longo deste 2022 nas súas despendencias e que seguen a espera de atopar o seu propietarios. Dispositivos que foron atopados na vía pública e entregados aos axentes que os custodian por se aparecese a persoa que os perdeu.
Hai móbiles de moi boa calidade e de prezos elevados e tamén outros económicos e de escaso valor. Algúns chegan en boas condicións mentres que outros está estragados e son dificilmente recuperables polas roturas que presentan.
Explican dende a Policía que chegan as súas dependencias porque son atopados por algún viandante na vía pública que os deixa alí por se aparecese o seu propietario “cando chegan acendidos e con algo de batería tentamos mantelos funcionando por se alguén chama e podemos dar co seu dono”. En caso contrario, cando xa están apagados non poden acceder a el, polo que a identificación do propietario é imposible.
Por ese motivo, veñen de publicar en redes sociais unha fotografía dos móbiles que están na oficina da Policía por se alguén o recoñece e ten intención de recuperalo.