O Concello de Pazos asegura que as sinais colocadas polo Concello de Redondela nas que se prohíbe o tráfico de camións por esta estrada “non se axustan á normativa e que serán retiradas hoxe xoves polo servizo de conservación de estradas”. Unha decisión que estaría motivada “polas irregularidades detectadas na sinalización”.
Asegura o alcalde de Pazos, Andrés Iglesias, que a partir de hoxe “os camións das empresas do polígono de Amoedo poderán circular de novo pola PO-250”. Segundo indicou o rexedor “a confirmación da retirada das sinais supón unha gran noticia para moitos veciños e empresas da comarca” e indicou que “despois de dous meses de prohibición, a lóxica imponse e a estrada preparada para dar acceso ao polígono volverá cumprir a súa función”.
En todo caso, o alcalde engadiu que está disposto a negociar para chegar a acordos que sexan beneficiosos para todos, aludindo ao ofrecemento do concello de Pazos de “establecer un sistema de horarios que permita o paso polo centro de Redondela”
Lembramos que o pasado mes de agosto a alcaldía redondelá decidiu prohibir o pasado de camións polo centro da vila por entender que o casco urbano non está preparado para soportar o tráfico de camións polos prexuizos que provoca na cidadanía, nos viandantes e nos veciños que viven ao carón da estrada. Insistían ademais, logo das protestas do concello de Pazos que “a decisión de non permitir a circulación de tráfico pesado polo centro era unha decisión firme que se debería ter tomado hai xa anos”.
Á espera de cómo se resolva finalmente o conflito entre estes dous concello colindantes, o alcalde de Pazos amosa a súa satisfacción pola decisión do servizo de conservación de estradas de reabrir o tráfico cara ao polígono de Amoedo pola PO-250 que “contribuirá a aliviar a situación da estrada provincial EP-2702 ata o inicio dos traballos de ampliación desa vía.”
Unha resposta
A argumentación que expon o concello non e de todo correcta,pois prohibir o tráfico pesado perxudica osnegocios do centro supermercados,bares,bazares,tiendas,comercios etc etc…