Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praza de abastos de Redondela acolle unha degustación de peixe fresco

freco y salvaje

A Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo organiza este venres no Mercado de Redondela unha degustación gratuíta a base de distintas preparacións de peixe fresco. unha actividade aberta a toda a cidadanía a partir das 12 horas. O obxectivo é que os consumidores coñezan de primeira man a marca de peixe “Fresco & Salvaxe”, procedente de pesca extractiva tradicional, non conxelado nin de piscifactoría.

Unha iniciativa que se está a desenvolver en diferentes mercados da provincia co obxecto de dar a coñecer este selo de calidade, do que nos falaba o seu representantes Iván Vaqueiro

O produto baixo a marca Fresco e Salvaxe que os redondeláns atoparán na súa pescadaría de confianza garante que ese produto foi pescado no mar mediante pesca extractiva tradicional e que nunca foi conxelado, tan só refrixerado, nin provén de piscifactoría. “Un peixe dunha frescura excepcional e que deixa menos pegada de carbono que o criádo en piscifactoría e que ademais non ter que supoñer un incremento na cesta da compra. Neste sentido insiste Vaqueiro en que é o peixe de tempada o que garante mellor calidade e mellor prezo.

No acto promocional deste venres ademais da degustacións a base de raia e peixe sapo, entregaráselle aos consumidores un kit que inclúe un libro de receitas “con diferentes preparacións que facilitarán o traballo á hora de ter que cociñar na casa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará