A reunión, que estaba previsto se celebrase na xornada de hoxe diante do Centro de saúde, queda fixada agora para o venres, 4 de novembro ás 20:00 horas, tamén na entrada principal do Centro de Saúde de Redondela. Establecerase para esa data unha ubicación alternativa para evitar que no caso de chuvia haxa que modificar novamente a convocatoria.
O obxectivo da reunión será informa á cidadanía da situación precaria da Atención Primaria e o desmantelamento de todo o sistema sanitario público. Búscase fomentar a participación veciñal na Asemblea e recibir achegas para futuras mobilizacións.