Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roubo nas instalación do CD Soutomaior

312416761_580213350576360_8730843321028386163_n

O venres 14 de outubro entraron a roubar nas instalacións deportivas do CD Soutomaior. Accederon ao local social provocando danos na porta e na xanela, logrando subtraer o equipo de megafonía, o equipo informático e material deportivo dos xogadores base.

O adestrador do equipo sénior e coordinador da base, Jaime Calvar, sospeita que a localización do campo deportivo foi clave na decisión dos ladróns, xa que este atópase afastado da poboación.

Sucedeu un venres, xusto despois de adestrar cando as instalación quedaron valeiras, explica Jaime.

Tentaron entrar na cantina, na rega e nos vestiarios causando desfeitas pero sen conseguir acceder.  Por sorte, as instalación necesarias para os adestramentos e partidos non sufriron danos. A canteira do CD Soutomaior poden continuar coa tempada, pero sofren carencias importantes como o equipo de son e informático, necesarios para a loxística.

O club ten que facerse cargo dos gastos e teremos que atopar recursos máis económicos

Este tipo de asociacións deportivas depende dos socios e dos patrocinadores para conseguir os recursos necesarios e impulsar os equipos. Este foi un golpe duro que afecta a calidade dos adestramentos e partidos, polo que dende o club móstranse abertos a calquera tipo de axuda para saldar as perdidas.

Este tipo de clubs son humildes e precisan da aportación voluntaria

A denuncia pertinente foi presentada polo presidente, pero segue sen haber información sobre os responsables. Mentres, o CD Soutomaior mantense con positividade e continúa co calendario habitual co obxectivo de manter a estabilidade.  Este domingo xogarán contra a SD Campañó ás 17 horas da tarde no campo de fútbol de Soutomaior.

Foi unha mala noticia para todos, pero seguimos adiante en todas as categorías
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará