Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Visita nocturna aos petróglifos de Monte Penide

petrogflifos

O Concello de Redondela organiza na noite de defuntos unha ruta nocturna polos petróglifos de Monte Penide/Mirallo. Un percorrido guiado a cargo do arqueólogo Xurxo Constela na noite do 31 ao 1 de novembro con prazas limitadas, polo que compre inscribirse no teléfono 600 381782.

A visita é gratuíta e está enmarcada no programa de roteiros que organiza o concello co obxecto de dar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico de Redondela. As seguintes citas, o derradeiro domingo de novembro e decembro, serán a Ventosela e Reboreda.

As visitas nocturnas teñen como atractivo o feito de que se poden observar mellor os petróglifos, dun xeito completamente diferentes que durante o día, xa que a luz focalizada coas lanternas permite observalos con máis nitidez.

Neste 31 de outubro a saída percorrerá os gravados rupestres existentes no xacemento de Monte Penide, onde se atopa unha das maiores concentracións de soterramentos tumulares de España.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará