O domingo 30 de outubro o CD Soutomaior xogará contra a SD Campañó no campo de fútbol de Soutomaior. A pesar do incidente acontecido fai dúas semanas, o club continúa o calendario con normalidade, xa que o campo non se viu afectado polos destrozos do roubo.
O adestrador do equipo sénior Jaime Calvar, fai un balance positivo da tempada con 4 partidos de 7 gañados. Ata o de agora os partidos foron maioritariamente contra equipos de categorías superiores, polo que as perspectivas son boas. “Gañamos contra o Bueu que está no primeiro posto cun resultado de 4 fronte a 1. “Gañamos contra o Bueu que está no primeiro posto cun resultado de 4 fronte a 1.
Nesta primeira volta o adestrador ten claro que o primero obxectivo do equipo é manter a permanencia, pero “se seguimos mantendo este ritmo loitaremos por estar nos primeiros postos e ter a posibilidade de ascenso”.
Cando accederon no local do club a fin de semana do 14 de outubro, provocaron danos na porta e na xanela, logrando subtraer o equipo de megafonía, o equipo informático e material deportivo dos xogadores base. Por sorte o campo non sufriu danos e van a continuar a tempada con normalidade, tanto os adestramentos como os partidos programados mantéñense.
O seguinte partido que van xogar é contra o SD Campañó, un rival de recente ascenso na categoría, pero moi potente. Como estaba previsto, este terá lugar no campo deportivo do CD Soutomaior o domingo ás 17 horas da tarde.