Un home de 29 anos veciño de Redondela foi detido tras ameazar unha testemuña que ía declarar nun xuízo contra el. A ameaza foi cunha machada de grandes dimensións. O suceso arrancou cunha chamada a policía local na que alertaban dun secuestro que finalmente non sería tal ao confirmar vítima e agresor que se trataba dunha disputa por un xuízo pendente. En toda a fin de semana foron 4 as persoas detidas por diferentes motivos.
Todo arrancou cando un particular o pasado venres alertaba a policía local sobre o secuestro do seu xefe. Logo de localizar o vehículo co que supostamente se tería cometido o secuestro, os policías tomaron declaración ás dúas persoas implicadas chegando á conclusión de que a vítima se tería subido voluntariamente ao vehículo e que sería despois cando comezou unha discusión entre eles a canto dun xuízo que teñen pendente. O agresor tería ameazado a vítima, tamén veciño de Redondela de 27 anos, cun hacha de grandes dimensións co obxecto de coacciónalo para que non presentara testemuña ante o xuíz sobre uns feitos anteriores.
Ante a actitude agresiva e violenta que presentaba o agresor, os axentes prodeceron a detelo e introducilo no vehículo policial, autolesionándose ao darse varios golpes contra a mampara do vehículo polo que tivo que ser atendido nun centro de saúde, sendo trasladado logo ás dependencias policiais onde quedou detido.
Pasará a disposición xudicial por un delito de ameazas graves, resistencia á autoridade e desobediencia aos axentes.
A este suceso hai que engadirlle tres detidos máis na fin de semana por quebrantamento de condena ao incumprir unha orde de afastamento, outro por malos tratos no ámbito familiar e un último por delito violencia de xénero.