Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O estacionamento disuasorio de Vilavella contará con cen prazas de aparcamento

infografía

Un estacionamento disuasorio que dotará esta entrada da vila dun cento de prazas de aparcamento e que virá a completar o proxecto de recuperación da Praza de Ponteareas. A obra correrá a cargo da empresa Narom S.L. por valor de medio millón de euros e transformará o solar de 4.000 metros cadrados ao carón do Convento, ocupado actualmente por unha nave, nunha zona de estacionamento.

O Concello vén de formalizar o contrato de obra para facer realidade o aparcamento disuasorio de Vilavella. O proxecto, xa licitado, forma parte do plan que transformará completamente a Praza de Ponteareas, unha das principais vías de entrada ao casco urbano. O aparcadoiro proxectado contará cunhas 100 prazas.

A compra da parcela de 4.000 metros cadrados situada a carón do convento de Vilavella, propiedade da firma Building Center supuxo un investimento de 449.350 euros dos que 416.226 euros foron achegados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019. Agora, con cargo ao Plan Concellos 2022, procederase a realizar a obra que “permitirá dispoñer dun espazo próximo ao centro urbano e continuar coa transformación iniciada polo Goberno local no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía” segundo explicou a alcaldesa, Digna Rivas.

Neste sentido critican as declaracións feitas pola Agrupación de Electores de Redondela sobre o risco de que dito estacionamento non chegara a realizarse ao non ter comprado o concello unha rampla de acceso ao solar. Aclara a alcaldesa quen “o camiño está no inventario do concello e polo tanto o proxecto non se ve afectado”.

A estratéxica situación do aparcadoiro disuasorio –xusto na entrada do centro urbano– permitirá a desmasificación de estacionamentos de vehículos que, diariamente, se produce nas beiravías da estrada. Este aparcadoiro complementará aos dous aparcadoiros libres existentes no casco urbano reforzados polo aparcadoiro soterrado da Xunqueira.

Coa compra desta parcela, o Goberno redondelán cumpre un dobre obxectivo: por unha banda gáñase un novo espazo para a cidadanía e por outra, derrúbase unha nave situada a carón dun ben patrimonial como é o convento de Vilavella. A maiores, a actuación ten un beneficio medioambiental engadido xa que o solar linda co río e conecta co paseo do Salgueiral.

Lembra o Concello que o convento de Vilavella é unha das tarxetas de presentación de Redondela tanto pola situación estratéxica no punto en que conflúen as estradas que veñen dende Vigo e O Porriño, coma polo feito de estar inventariado como Patrimonio Cultural de Galicia. “A Praza de Ponteareas, como entrada natural ao casco urbano dende Vigo e O Porriño e entrada tamén do Camiño Portugués e Camiño Portugués pola Costa, e tamén a nosa tarxeta de presentación, polo que compre un proxecto acorde á importancia do noso municipio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará