Tres representantes de Axentes do Cambio, Alma, Antía e Xía pasarán esta fin de semana acompañadas de 60 grupos de todo o país para traballar ao redor de temáticas tan relevantes como a Saúde Mental, o Cambio Climático, a Igualdade de Xénero, e outras cuestións que preocupan especialmente á infancia e á mocidade.
Esta iniciativa levada a cabo grazas á labor de Unicef, dentro do seu programa de Cidades Amigas da Infancia, pretende servir de altofalante para que a xente nova poida intervir no deseño de políticas públicas dende o seu punto de vista.
Ao remate das xornadas nenas, nenos e adolescentes establecerán conclusións que se recollerán nun manifesto. Este documento ten o propósito de recompilar todas as propostas traballadas e que estas teñan un percorrido posterior ao encontro: Levalas de volta á localidade e presentalas ante os responsables políticos locais, compartilas coas compañeiras e compañeiros do grupo de participación, nos centros educativos e incluso presentala ante o Congreso dos Deputados.