Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela denuncia o abandono das estradas por parte da Xunta

de0ef686-f8a6-4d87-9d88-5b71ad338d6c

O Concello de Redondela denuncia o lamentable abandono e deterioro daquelas estradas competencia da Xunta de Galicia. A alcaldesa Digna Rivas “Considera un insulto á cidadanía de Redondela” ao constatar que nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o 2023, “non se contempla nin un euro para a reforma da Avenida Mendiño, ao igual que para a Av. De Vigo ou a estrada PO-250″, todas responsabilidade da administración autonómica.

As obras da primeira fase da humanización da avenida de Vigo, ao seu paso polo tramo comercial do núcleo urbano de Chapela, comezou a principios de abril de 2017. “A día de hoxe seguimos esperando pola resolución da Fase 2 e 3 da humanización da avenida de Vigo, parada dende fai máis de 4 anos”, denuncia Rivas.

O goberno redondelá tamén reclama o “estudo e mellora da mobilidade e seguridade peonil da Estrada de Reboreda (PO-250), xa que esta é un perigo para o tráfico. Entre as esixencias piden a ampliación e mellora da vía realizando as obras previstas na parcela expropiada para eliminación da curva situada no punto quilométrico 0,250 ou a mellora das beirarrúas e a construción de lombos de burra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará