Os ladróns terían levado os cartos que había nas caixas rexistradoras dun posto de carnicería e outro de flores. Fontes policiais apuntan a que o subtraído “non sería moita cantidade, xa que o groso do recadado é retirado polos propietarios dos postos cada día, deixando tan só calderilla”.
Foi un dos vendedores o que alertou ao axentes da policía local ás 6:15 horas da mañá de hoxe cando chegou ao mercado e atopou a porta aberta, que supostamente tería sido forzada polos ladróns para acceder ao interior. Unha vez alí forzaron as dúas caixas rexistradoras e marcharon cos cartos que atoparon.