Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Extinguido o lume na nave industrial de Ponte Sampaio que deixa un ferido grave

lume pontesa

O incendio que se iniciaba sobre as 15:30 horas de onte nunha nave anexa ás instalacións de Pontesa e obrigaba a cortar a estrada N-550 entre Redondela e Pontevedra debido a intensa fumareda que provocou, quedando a circulación restablecida de cara a noite. O lume deuse por extinguido a última hora, malia que segundo informan dende Protección Civil de Soutomaior continúan as labores de arrefriamento na zona. O incendio deixa un ferido grave, concelleiro socialista en Marín e operario da empresa que estaba tentando retirar o material e evitar que se propagara o lume e que foi trasladado ao hospital, e dous leves.

O incendio iniciouse nunha nave anexa a antiga fábrica de Pontesa na que había almacenado gran. O lume foi collendo virulencia consonte avanzaban as horas, complicándose a media tarde co rápido prendidos do material alí almacenado e o derrube do teito de poliuretano o que provocou unha gran fumareda.

Segundo informou o 112 Galicia resultaron feridas tres persoas. Dúas eran operarios que estaban tratando de retirar o cereal para evitar que o lume se propagara. Un deles resultou ferido de gravidade, Benito Dopazo concelleiro socialista en Marín e traballador de Nogar, empresa que emprega as instalacións incendiadas propiedade do grupo hispano-brasileiro, Itaipu Trade SL. Foi trasladado a Unidade de Queimados do hospital Juan Canalejo da Coruña. O terceiro ferido foi un bombeiro de Pontevedra que tería sufrido unha queimadura leve.

Nas labores de extinción colaboraron efectivos de Bombeiros Pontevedra, Garda Civil, Policía Local, Policía Nacional e o equipo de Protección Civil de Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará