Foto de Paty Rivas
O equipo feminino da SAR continúa imparable tras lograr unha nova vitoria esta fin de semana nun partido disputado no pavillón da Marisma. 27-24 foi o resultado dun encontro contra o Lavadores marcado pola tensión. Durante os 20 primeiros minutos ningún equipo lograba distanciarse do empate (8-8).
Malia as dificultades que atopan a hora de adestrar, sitúanse nunha forte cuarta posición. Verónica Posada, a adestradora do equipo, explica que “dende a directiva están loitando para conseguir un mellor horario e non ter que compartir pista con outro equipo de categoría nacional”.
Levan oito xornadas nas que suman unha derrota, dous empates e 5 partidos gañados. Con bos resultados van a continuar loitando, aínda que a idea do ascenso a ven “algo complicada”. O seu obxectivo polo de agora é a permanencia, pero queda moita tempada e as cousas sempre poden cambiar.
Este ano houbo moitos cambios, pasando de ser 10 xogadoras a 17 grazas aos 3 fichaxes e a volta de compañeiras que se tomaron un tempo noutros equipos. Aínda que teñen a limitación de compartir pista, a nova situación permite máis variedade táctica e adestramentos máis completos.
Ata o de agora os partidos foron case todos “Derby”. Xogaron contra 6 equipos galegos entre os que se atopan Porriño, Meaño, Carballal ou A Cañiza. Encontros que consideran “os máis bonitos e emocionates”, pola cercanía entre xogadoras.
O seguinte partido é no pavillón da Sociedade Deportiva Asmubal contra ao Meaño, un equipo tamén de Galicia.