Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela instalará un punto limpo nunha parcela anexa ao cemiterio de Mañó

punot limpo

Así o confirmou a Agrupación de Electores tras manter unha reunión de traballo co grupo socialista. A instalación dun punto limpo era un dos compromisos que AER lle reclamara aos PSOE o pasado mes de abril a cambio de dar o seu apoio aos orzamentos presentados polo goberno local.  Un servizo que será unha realidade unha vez que “conta co visto bo para a súa construción nunha parcela anexa ao cemiterio de Mañó de propiedade municipal”.

Para a Agrupación, unha vez que este espazo cumpre cos requisitos necesarios, a financiación da obra por parte doutras administracións parece tamén garantida, tendo en conta o carácter prioritario deste servizo en Redondela, polo que “da publicamente os seus parabéns ao goberno local por todas as xestións feitas neste asunto”.

O Punto limpo é un dos 17 proxectos incluídos no acordo asinado no seu momento entre AER e o grupo socialista e, segundo a Agrupación, cando faltan apenas dous meses para rematar o ano, é momento de facer balance. “Polo de agora só se completaron 4, namentras que a maioría (11 asuntos) avanzan, pero con distinto ritmo, e lamentablemente hai un par deles que, pese ao compromiso por escrito de Digna Rivas, non se van cumprir neste ano”, insisten.

Neste sentido apuntan como incumpridos o estudo enerxético de consumo e contratos electricidade e o recambio de 500 puntos de luz do alumeado público, por outro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará